luns 06.07.2020
O chofer da furgoneta perdeu o control da mesma á altura do número 128 da avenida de Portugal, en Verín

Un posible despiste do conductor dun furgón remata nunha colisión con dous vehículos e medio muro no chan

Segundo sinistro en poucos días dunha furgoneta que acaba impactando con coches estacionados. No deste mediodía, o despiste do conductor, segundo barallan as forzas de seguridade como posible causa, fixo que este perdera o control do vehículo e que acabase por colidir con dous automóbiles aparcados para acabar freando a súa marcha logo de derrubar o peche perimetral dunha finca.

O furgón que orixinou o sinistro acabou derrubando parte do peche dunha finca.
O furgón que orixinou o sinistro acabou derrubando parte do peche dunha finca.

Novo susto en poucos días e sen ter que lamentar máis que os danos materiais dos vehículos implicados. Este mediodía, ás 13:30 horas é á altura do número 128 da avenida de Portugal, en Verín, o conductor dun furgón de caixa pechada perdía o control cando se dirixía de Verín á autovía A-52 e impactaba contra dous automóbiles estacionados no seu mesmo sentido da marcha para acabar freando a súa traxectoria contra o peche perimetral de bloque dunha finca. estela2O sinistro ocorreu á altura do número 128 de avenida de Portugal, en Verín.

A furgoneta, pertencente a unha bodega local, acabou por derruír parte do muro contra o que impactou sen chegar a que o seu chofer sufrise lesións de consideración.
Ata o lugar se desprazaron dúas unidades do parque de Bombeiros de Verín así como unha patrulla da Policía Local da vila e unha dotación de efectivos sanitarios que non tiveron que prestar asistencia algunha. 

estela4Un dos vehículos rematou na mediana da vía logo do impacto. 

Un posible despiste do conductor dun furgón remata nunha colisión con dous vehículos e...
comentarios