mércores 11.12.2019
a primeira concentración dos vindeiros venres foi todo un éxito de convocatoria

Centos de persoas piden ás portas do hospital que non continúe o desmantelamento dos servizos sanitarios

Satisfeitos se amosaban os convocantes da primeira das concentracións que cada venres, ata a grande manifestación prevista polas rúas de Verín, terán lugar puntualmente ás doce do mediodía. Case un milleiro de persoas repasaron as principais carencias do centro hospitalario. 
Os concentrados amosaron un par de pancartas reivindicativas diante das portas do hospital comarcal.
Os concentrados amosaron un par de pancartas reivindicativas diante das portas do hospital comarcal.

Centos de persoas, coa práctica totalidade de persoal facultativo e sanitario presente, participaron esta mañá, dende as doce, na concentración e posterior manifestación que arredor do hospital de Verín tivo lugar en defensa da sanidade pública e reclamando que se restitúan aos profesionais que deixaron de prestar servizos médicos no centro comarcal

Entre os asistentes, estaban grande parte dos membros do Executivo local de Verín, co seu alcalde, Gerardo Seoane, e o seu teniente de alcalde, Diego Lourenzo, ao frente. Tamén se deixaron ver moitos dos seus concelleiros, de ambas formacións políticas, e mesmo o senador verinense por Ourense do Partido dos Socialistas de Galicia, o avogado Juan Carlos Francisco

Que queremos? Dermatólogo!!!! Cando o queremos? Xaaaa!!!... Que queremos? Pediatra!!!!! Cando o queremos? Xaaaa!!!!... Que queremos? Anestesistas!!!! (...)

A concentración, que contou con moita presenza de residentes noutros concellos limítrofes ao de Verín e que acuden a consultas ao hospital, comezou puntualmente ás doce do mediodía cunha concentración. Nela se proclamaron varias consignas, entre elas, algunhas como "As nais de Verín, que pairan en Verín" ou "Os nenos de Verín, que ingresen aquí". Quedou ademáis claro cales eran as tipoloxías dos profesionais que están a botar en falta na comunidade sanitaria, como así se escoitou de voz dos manifestantes: "Que queremos? Dermatólogo!!!! Cando o queremos? Xaaaa!!!... Que queremos? Pediatra!!!!! Cando o queremos? Xaaaa!!!!... Que queremos? Anestesistas!!!! (...)", e así ata repasar un por un os profesionais que tanto a mesa delegada como incluso os usuarios da sanidade pública botan de menos no hospital comarcal. 

Logo, arrincou unha manifestación de pouco máis de dez minutos do milleiro de persoas que se concentraron, coreando as mesmas consignas pero, neste caso, percorrendo o perímetro do centro hospitalario para rematar onde comezou, diante das súas portas. 

Centos de persoas piden ás portas do hospital que non continúe o desmantelamento dos...
comentarios