Pecharán a primeira quincena de setembro e contarán, un ano máis, con bar e servizo de bibliopiscina
As piscinas descubertas de Verín abren ás doce da mañá deste abafante sábado 29 de xuño
28 de junio de 2019 (19:29 h.)
O Concello de Verín vén de anunciar que dende este sábado 29 de xuño estarán abertas as piscinas descubertas municipais ata a primeira quincena do mes de setembro.
A instalación funcionará durante o verán e conta con dous vasos, un de adultos con 25x12 m2 e un para os máis cativos de 10 m2 e unha profundidade menor de 0,5 m. Teñen bar e repetirase o servizo da bibliopiscina, que tenta promover a lectura entre os bañistas mercé aos voluntarios da Biblioteca Municipal da vila.
O horario de funcionamento será de luns a sábado, festivos incluídos, entre as doce do mediodía e as nove da noite. Os domingos abrirán xa dende as 11,00 horas.