viernes. 19.04.2024
zapatillas
As fochancas do acceso dende Luis Espada dificultaban a entrada ao estacionamento número 8.

Durante uns días, a entrada dende Luis Espada ao estacionamento disuasorio número 8, coñecido como "centro" e que ofrece prazas de aparcamento entre as rúas Santiago Rodríguez, Luis Espada, Elle e Avenida de Portugal, permanecerá pechada ata que non rematen os traballos de pavimentación da mesma. As fochancas que presentaba dificultaban o acceso ao parking, un dos máis concorridos dende a súa posta en marcha. As obras están sendo exectuadas pola brigada municipal. O resto de entradas ao mesmo, tanto polas rúas Elle e Santiago Rodríguez, como pola Avenida de Portugal, están abertos para introducirse no estacionamento.

Pechado a entrada ao estacionamento centro da vila dende Luis Espada