viernes. 19.04.2024
O viveiro de Viveral, centro de xardinería. | FOTO: Iván Iglesias
O viveiro de Viveral, centro de xardinería. | FOTO: Iván Iglesias

A pandemia provocou unha estadía nas residencias, en moitos casos, máis longa que nunca. Con ela, a necesidade de acondicionar os espazos ás nosas preferencias para sentirnos a gusto no propio domicilio. Confiabamos, xa no verán pasado, que a chegada da calor ía mellorar as nosas condicións pero nada máis lonxe da realidade. Hoxe, un ano e (case) medio despois, o coronavirus segue convivindo con nós e iso cambiou os hábitos dos consumidores

Tal e como nos confirman en Piscinas Ancla, o aumento da demanda para instalar piscinas na casa foi abismal. "A solicitude de orzamentos disparouse e vendéronse moitas máis que nun verán normal. Teríanse vendido aínda máis se os proveedores non tiveran problemas de abastecemento, pero aínda así o cambio foi grandísimo", conta Conchi Delgado, nai de Roberto Pérez, o dono da empresa. "Moita xente que veu mercar tivo medo de marchar de vacacións fóra e iso contribuíu moitísimo", engade.

Unha das piscinas instaladas por Ancla, traballo que rematan entre cinco e seis días. | FOTO: Piscinas AnclaUnha das piscinas instaladas por Ancla, traballo que rematan entre cinco e seis días. | FOTO: Piscinas Ancla

Todo isto, engadido á gran oferta dispoñible nesta empresa familiar, fai que o seu balance destes meses sexa moi positivo. "Hai diferentes variedades como prefabricadas de poliéster ou a medida, que poden ser de lámina armada ou de hormigón gunitado. Sexa cal sexa, adaptámonos ao cliente e tamén levamos a cabo montaxe e instalación", explica.

"Non obstante, a nosa fidelización dáse no servizo técnico. Se hai algún problema, aí estamos nós para solucionalo. No caso do mantemento, dispoñemos de cloro, antialgas, reguladores de pH...", engade. Tamén conservadores de sal, moito menos agresivos e máis beneficiosos para as persoas. "Agora, o 90 por cento das piscinas levan cloración salina fronte a outros produtos químicos moito máis perxudiciais", conta Conchi. 

A maioría das piscinas utilizan sal como método de conservación. | FOTO: Iván IglesiasA maioría das piscinas utilizan sal como método de conservación. | FOTO: Iván Iglesias

E para quen en lugar de refrescarse ou facer deporte, busque un momento de relaxación, Piscinas Ancla tamén dispón de servizo de spas, jacuzzis, saunas, bañeiras de hidromasaxe ou baños turcos. Pero as súas contribucións para confortarnos non rematan aquí. Hai algo mellor que tomar o sol despois dun baño... Nun xardín perfecto?

 

Centro de xardinería

Máis de 30 anos de experiencia avalan a esta empresa que dispón, ademais, dun centro de xardinería. Viveral é un viveiro de 2.000 metros cadrados de exposición con produtos para facer do noso xardín un lugar o máis acolledor posible, con todo tipo de prantas ornamentais, frutais e forestais.

Prantas ornamentais e xarróns, algúns dos produtos para mercar en Viveral.Prantas ornamentais e xarróns, algúns dos produtos para mercar en Viveral. 

"Os clientes demandan segundo a tempada. Agora xa comezaron a levar castiñeiros para a produción da castaña. Non obstante, en primavera prefiren frutais", conta Conchi. "Todas proveñen de coñecidos produtores de Galicia, polo tanto, o produto é cen por cen autóctono e iso é garantía de calidade", engade.

Un sector, o da xardinería, bastante agraciado tamén coa "fortuna da pandemia". "Cando reabrimos o ano pasado as compras aumentaron exponencialmente, tamén este ano, con persoas que querían habilitar zonas axardinadas e, sobre todo, repoñer prantas que despois das xeadas deste inverno non sobreviviron", explica.

Unha das árbores dispoñibles en Viveral.Unha das árbores dispoñibles en Viveral.

Agora, ademais de prantas, abriron novos horizontes e xa traballan tamén con todo tipo de accesorios e ornamentación. "Intentamos que cando algúen entra aquí e compra unha pranta, poida saír con todo o pack completo para o seu coidado", e por iso aconsellan abonos, terras e elementos decorativos de todo tipo.

NOTICIAS DE EMPRESA | A pandemia aumentou máis do dobre a venda de piscinas e produtos...