O servizo é gratuíto e responde pola mesma canle de contacto

A OUVAC, a nova oficina virtual para resolver consultas por WhatsApp ou Facebook da Deputación | NOTICIAS OURENSE

A OUVAC permite contactar coa Deputación de Ourense sen desprazamentos e por calquera canle dixital

Deputación de Ourense puxo en marcha a OUVAC (Oficina Única Virtual de Atención á Cidadanía), un novo servizo multicanle e gratuíto que permite á cidadanía contactar coa institución provincial de forma áxil, cómoda e directa, sen necesidade de desprazamentos nin esperas presenciais.

A plataforma, accesible a través de ouvac.depourense.gal, ofrece a posibilidade de realizar consultas por teléfonoWhatsAppcorreo electrónicoFacebook ou mediante un formulario web. Un equipo especializado recibe a consulta e responde pola mesma canle utilizada pola persoa, ofrecendo información clarapersonalizada e adaptada a cada caso concreto.

O funcionamento é sinxelo: a cidadanía realiza a súa consulta polo medio que prefira, o equipo da OUVAC recíbea e tramítaa internamente, e a resposta chega pola mesma vía. O servizo atende consultas de calquera tipo sempre que estean relacionadas coa provincia de Ourense.

A Deputación precisa que a OUVAC é un servizo exclusivamente informativo: non permite realizar xestións oficiais nin trámites administrativos, pero si achega orientación e respostas sobre os servizos, programas e recursos da institución provincial.