miércoles. 24.04.2024
Diseño sin título (1)
Animal de compañía co seu dono nun bar. | FOTO: arquivos.

A tenza de animais de compañía é un feito social que o tecido empresarial dunha localidade non pode ignorar. Na provincia de Ourense hai ó redor de 75.000 cans rexistrados, iso implica que, inda contando só aqueles que están identificados, hai un can por cada catro ourensáns. Aparece con isto un nicho de mercado emerxente para o sector empresarial moi importante para explorar e explotar.

Son moitos os cidadáns que condicionan a súa forma de vida en función da súa mascota, polo que estudar a oportunidade de poder facer calquera actividade, incluída mercar, sen prescindir do acompañamento do seu can é algo que se debe valorar.

Turismo ''pet-friendly''

O turismo con cans, a maiores, ou turismo ''pet-friendly'' leva sendo un reclamo dende hai anos por parte de establecementos hoteleiros que permiten a pernocta co teu animal de compañía. Soe ser un turismo de calidade, respectuoso co medio ambiente que busca desfrutar da natureza tanto costeira como de interior.

O turismo con cans, a maiores, ou turismo ''pet-friendly'' leva sendo un reclamo dende hai anos por parte de establecementos hoteleiros que permiten a pernocta co teu animal de compañía.

En moitos países de Europa levan anos facéndoo. Ser un negocio ''pet-friendly'' é sentirse identificado con esta ideoloxía. É dar resposta dende a túa empresa a integrar con normalidade ás mascotas na vida social e comercial. Son as propias tendas as que deciden a entrada ou non de cans, xa que non hai unha política común regulada por lei (agás nas de alimentación). Así abrirse paso para a visita de clientes de toda a vida que valorarán de forma auténtica poder incluír ó seu can na rutina das compras, e a clientes novos atraídos por esta posibilidade promovendo un lugar inclusivo o cal, xera empatía e bo ambiente.

Adaptación responsable

Pero para facer todo isto toda a sociedade debe aplicar o concepto de tenza responsable. Hai persoas que sofren alerxias ó pelo dos animais e é posible que non poidan compartir espazo con eles, outras ás que sinxelamente non lle guste, o mesmo que hai persoas que tampouco toleran a presenza de nenos. Anque pareza unha desvantaxe, é unha oportunidade de innovación do noso entorno de traballo.

Pero para facer todo isto toda a sociedade debe aplicar o concepto de tenza responsable.

O ideal é establecer unhas normas, como manter os animais atados en todo momento, ou non permitir que se suban a mesas e cadeiras, e por suposto, se ouriña, defeca ou rompe algo, ser o dono o responsable de deixalo como estaba.

Ademais, en restaurantes e cafeterías, por exemplo, pódense establecer sitios específicos para xente con cans, ofrecendo incluso unha carta de snacks para estes, nunha libraría habilitar un espazo con libros de temática canina e felina ou nunha xoiería incluso ofertar xoíñas para as nosas mascotas. As posibilidades son infinitas.

Cambio de mentalidade

Como cidadáns, debemos desbotar a imaxe habitual dos cans atados ás portas das tendas. Os comercios temos a oportunidade de colocarnos na vangarda do movemento do respecto animal e a súa integración de pleno na sociedade.

Como cidadáns, debemos desbotar a imaxe habitual dos cans atados ás portas das tendas.

Unha vila ''pet-friendly'' significa promover e promocionar a tenza responsable e o civismo e crear unha experiencia de compra personalizada e cercana ó consumidor. É ser consciente de que un can forma parte dunha familia por dereito propio, e que estas familias multiespecie imos conquistando, coa axuda de todos, territorios que hai uns anos eran impensables.

OPINIÓN | Turismo con cans e comercio local