jueves. 25.04.2024
O veterano locutor de radio, Paco González Sarria.
O veterano locutor de radio, Paco González Sarria.

Este martes, dende as 19:00 horas, a cidadanía de Verín ten a posibilidade de coñecer como é que se fai un programa de radio en directo. A emisora Onda Cero achégase, co seu estudo móbil, ata as terras de Monterrei para emitir, dende o Museo Comarcal, "La Brújula: especial Entroido de Verín", comandado polo veterano locutor ourensán Paco González Sarria

Nas instalacións de Claustro dos Mercedarios verinense, ademais do conductor do espazo e dos membros da súa equipa técnica, daranse cita algúns dos nomes más representativos da festa local, como Juan Carlos Castro, na súa condición de presidente da Asociación Cigarrón de Verín, ou o recoñecido "Fan - Fan", un dos históricos do Entroido e famoso polos artiluxios de distribución aérea de fariña que exhibía en cada un dos desfiles. 

O Concello de Verín, que convida a todo aquel que queira asistir a facelo, estará representado polo seu tenente de alcalde, Diego Lourenzo Moura, e pola edila de Cultura e Festexos, Emilia Somoza Basalo. O comisario da exposición permanente ubicada no Claustro mercedario, Luis Cid Congil, completará a lista de convidados nesta tarde previa á semana grande do Entroido. 

Se deciden non acudir e optan por sintonizar os diferentes diais de Onda Cero Ourense, saiban que poderán facelo nos seguintes: 105.5 (Monterrei), 98.8 (Ourense capital e comarca), 97.9 (Carballiño e O Ribeiro) e 92.0 (O Barco de Valdeorras), todos en FM. Tamén poderano seguir vía streaming na páxina de Facebook deste xornal, o Diario do Támega

Este xoves, na casa do Concello de Laza

Non será a do martes dende os Mercedarios a única vez que Onda Cero Radio en Galicia promocione os entroidos locais. Este xoves de Comadres, dende a casa consistorial do concello lazano, emitirase unha nova "Brújula: especial Entroido de Laza". Desta vez, serán Ángeles San Luis e Rubén Rey os que se poñan diante dos micrófonos, así como outros entroideiros da veciña localidade. A cita será tamén ás 19:00 horas

Onda Cero emitirá en directo dende o Museo dos Mercedarios un programa especial do...