A posta en escena corresponde á compañía MDM

A obra ''El mentiroso'' chega ao Auditorio de Verín

Cartel da obra ''El mentiroso'' de Carlo Goldoni, cunha posta en escena de parte da compañía MDM. | FOTO: Concello de Verín.

O Auditorio de Verín acollerá o sábado 27 de marzo, ás 19:00 horas, a obra de Carlo Goldoni ''El mentiroso'', da man da compañía MDM. Trátase dunha simpática comedia, para todos os públicos, dividida en tres actos e que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade e na que interveñen bufóns, burgueses e a xente do pobo. 

O elenco artístico estará formado por Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Calleja. As entradas xa están dispoñibles, por cinco euros, en ataquilla.com.