miércoles. 24.04.2024
Agustín González, cunha botella de "Quérote".
Agustín González, cunha botella de "Quérote".

Tes un cliente, asiduo da Dorna, que está empeñado en dicir que eu escribo ao ditado. Mintía -el- ata hoxe. Ata esta tarde. Desta non son eu o que escribe, son moitos, que así no lo están contando ou que mesmo nos piden por mensaxe que publiquemos textualmente o que nos fan chegar. 

A primeira que non dubidou en solicitalo foi a morena esa que se sentaba na segunda mesa ao fondo entre as dúas e a tres da tarde. Xa a coñecías da túa extensa etapa no Viaxeiro, moi preto do lugar que te viu nacer, e da túa residencia. A súa ubicación era a mesma nesas horas, sempre no Dorna. Dicía que era o momento no que desconectaba, sobre todo porque a ela e a moitos máis os mantiñas entretidos coas túas carallladas. Leva chorándote dende que lle confirmaron que te foras, como tantos e tantos no val e na montaña. 

Foi ela a que dixo que contigo se confirma, unha vez máis, "que só se van os bos".

Hai quen, pedindo quedar no anonimato, afirmou de ti o mellor que levo escoitado no día: "Si hay alguien que merece ser honrado, es él. Siempre con una sonrisa o una bonita palabra, siempre desprendiendo optimismo y buen humor, siempre repartiendo alegría. Agustín fue la mejor persona que uno puede encontrarse en toda su vida. Hoy se ha quedado sin corazón porque lo ha ido repartiendo a trozos entre sus amistades y seres queridos". Imposible de mellorar.

O "Sete", ese home que leva toda unha vida no alto dun camión, dime que "o mundo dos bares está hoxe de loito. Foise un dos mellores profesionais que eu coñecín neste oficio, foi para min un gran orgullo ter sido o seu cliente, e quedounos pendente unha viaxe no meu camión. Fixemos auténticas obras de teatro esporádicas que só podían saír ben cun suxeito así detrás da barra. Os bares non teñen clientes, Agustín si os tiña. Grazas por ter deixado ese legado nese sector", di José Javier. 

Baleiro e sorrixo, o que deixas e o que sempre amosabas coa barra ata riba de vasos e copas e o bar cheo de xente, ou sen un alma -raro-; son as verbas que máis se repiten fales con quen fales.

Pero, eu, non quero seguir indo ao ditado. Permíteme que sexa quen conclúa. Se a maior vitoria nesto do propósito de existir é que sexan incontables os que te choran cando marches, vaite sereno. Hoxe, ese Deus que a todos nos atura e que algúns invocan, acaba de cagala de xeito maiúsculo a primeira hora. Ou iso, ou está pensando en montar un bar no ceo. 

OBITUARIO | Agustín González Gregorio