Xoves. 28.03.2024
WhatsApp Image 2019-06-19 at 13.48.31
Cartel da obra.

O sábado 22 e o domingo 23 de xuño, a agrupación de teatro Namarella presentará a súa obra "W.C. (O baño)", unha comedia insolentemente divertida.

O evento terá lugar no Auditorio Municipal de Verín ás 20:00 h e as entradas poderán adquirirse ata mañá, día 20, na Oficina de Turismo de Verín entre as 11:30 h e as 13:00 h.

Namarella é un grupo de teatro afeccionado que naceu en Verín fai menos dun ano. Entre os seus oito integrantes destacan nomes coma o de Mari Luz Varela, a presidenta da agrupación, ou Gerarde Seoane, o actual alcalde da vila.

A agrupación tenta nas súas obras facer un guiño á vila e non é a primeira obra que fan no Auditorio, onde sempre tiveron un resultado positivo.

O teatro Namarella presentará a súa obra esta fin de semana