Venres. 29.03.2024
Asamblea da Asociación Monteval GDR-9
Xunta directiva da Asociación Monteval GDR-9.

A  Asociación Monteval GDR-9 tivo esta mediodía unha reunión para falar de diversos cambios na súa estratexia de desenvolvemento rural, coa intención de adaptala á futura lei de recuperación de terras.

Tras aprobar estas variacións, falouse tamén de temas de funcionamento interno. O máis destacado desta xuntanza foi o cambio de baremo, que xa quedou axustado para a nova convocatoria que espera celebrarse no próximo mes de maio. Para a anualidade 2021-2022, agárdase que este GDR conte con medio millón de euros aproximadamente. 

Dita asociación, que leva activa dende xuño de 2008, xoga o papel de núcleo de representación e integración dos diversos axentes territoriais, sociais, económicos e institucionais, tanto públicos como privados; basta con que teñan intención de fomentar o crecemento do territorio de actuación, que o forman os concellos da Gudiña, Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Coas súas estratexias pretenden mellorar a calidade de vida no medio rural, apostando polas producións máis tradicionais do territorio, pero sen pecharlle a porta á innovación e ó desfrute dos seus recursos

O GDR Monteval aprobou hoxe cambios na súa estratexia de desenvolvemento rural