domingo 20/09/20
O primeiro dos gromos de Riós tamén suma tres contaxiados máis, situándose en once

Cinco novos positivos por coronavirus en Verín, todos na mesma familia

Un novo surto familiar por coronavirus en Verín e outros tres positivos máis nun dos gromos de Riós -o primeiro- deixan este domingo un total de 8 casos adicionais de enfermos por COVID-19. 
Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.

O Sergas vén de informar doutro novo surto por coronavirus na vila de Verín, e tamén neste caso todos membros dunha mesma familia. Os afectados son un home de 37 anos, unha muller de 36 e dúas irmás de 18, ademais dun menor. 

Tamén o primeiro dos gromos detectados entre Riós e Castrelo do Val ten novos positivos. Sube a 11 afectados, con tres novos contaxiados, unha muller de 79 anos, un home da mesma idade e un menor. 

Cinco novos positivos por coronavirus en Verín, todos na mesma familia
comentarios