Todos son pacientes de mediana idade e, maioritariamente, mulleres

Cinco novos positivos por coronavirus en Verín en 24 horas

Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.

O número de casos activos medrou en Verín nas últimas 24 horas en cinco, situándose en 14, segundo informou o Sergas este mediodía. 

O Sergas vén de notificar ao Concello de Verín o número de casos activos a día de hoxe ás 15:00 horas. Segundo o rexistro do Servizo Galego de Saúde, son 14 arestora os casos activos no municipio de Verín, cinco máis que os documentados tan só 24 horas antes. A maioría dos novos positivos son mulleres, concretamente, catro, e de mediana idade: 28, 38, 59 e 63 anos. 

Tamén, fontes sanitarias confirman que dende o pasado luns, no centro de saúde de Verín comezaron a realizar os novos test de antíxenos, cunha alta fiabilidade, sobre todo, nos primeiros cinco días da enfermidade en aqueles pacientes que presenten sintomatoloxía. Son substitutivos das coñecidas PCR, é dicir, un enfermo que presuma padecer COVID - 19 será sometido a este test e, no caso de ser positivo, será considerado xa como diagnóstico válido, sen necesidade de obter confirmación por PCR.