No seu boletín diario, son este luns 57 as persoas afectadas da Covid - 19 nos dous complexos

Política Social informa de oito novos positivos no asilo de Verín e seis máis na residencia de Vilardevós

No asilo de Verín son 41 as persoas afectadas de Covid - 19 este luns. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Ata un total de 14 novos casos veñen de confirmarse nas dúas residencias da comarca de Verín que arestora contan con positivos de Covid - 19 nas súas instalacións. 

A Consellería de Política Social vén de facer público o seu boletín diario de persoas afectadas pola Covid - 19 neste luns 25 de xaneiro. Segundo os datos facilitados, no asilo de Verín rexistráronse oito novos positivos, dous entre o persoal asistencial

No caso da residencia de Vilardevós, son seis os novos casos detectados, dos que tres se corresponden con residentes

Logo desta actualización, no Fogar Santa María padecen a enfermidade, a día de hoxe segundo a información ofrecida pola Xunta de Galicia, 41 persoas (29 residentes e 12 traballadoras). No caso da residencia de Vilardevós son un total de 16 os afectados, 12 deles maiores. 

Política Social tamén informa de que no asilo verinense 12 dos seus residentes acaban de superar a enfermidade e xa se consideran negativos na Covid - 19