O Sergas vén de notificar que medran alomenos dous gromos detectados na vila con anterioridade

Cinco novos casos de coronavirus nun só día en Verín

Os casos hospitalizados de gromos localizados na comarca son, arestora, catro, un deles en Ourense.

Segundo vén de informar o Sergas, a día de hoxe son cinco os novos casos de coronavirus detectados na vila. O gromo de tres mozos acaba de subir en dous positivos máis, un home de 20 e outro de 56 anos. O surto que se diagnosticara logo dun encontro familiar o pasado 30 de agosto e que ata o de agora rexistraba 7 persoas infectadas, aumenta ata as dez: unha muller de 37 anos e dous homes de 46 e 88.