domingo 20/09/20
Segundo o protocolo de identificación, control e seguemento, non hai máis casos afectados polo momento

Un caso importado provoca un gromo de coronavirus en Verín, con 3 infectados

Os tres afectados pertencen ó mesmo núcleo familiar e contaxiáronse tras estar en contacto cunha muller que deu positivo logo de pasar uns días no municipio.

Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.
Centro de saúde de Verín. | FOTO: Arquivo DdT.

O seguemento dos contactos máis estreitos dunha muller que deu positivo e que estivo recentemente no Concello de Verín, detectou outros tres casos nun mesmo entorno familiar: dous homes de 67 e 37 anos e unha muller de 67, segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), na tarde deste martes 18 de agosto. 

A muller era unha visitante de fóra da comunidade galega que deu positivo estando xa de regreso no seu domicilio residencial, onde se atopa illada.

Este caso importado activou o protocolo de identificación, control e seguemento dos contactos estreitos da familia e a realización das probas diagnósticas correspondentes; pero ata o de agora non hai máis afectados.

Neste momento, os tres pacientes atópanse en situación de illamento no domicilio e en seguemento constante por parte dos profesionais sanitarios. Daquí en adiante, serán monitorizados polo plataforma de Tecnoloxías de Asistencia Domiciliario (TELEA) para o control na evolución dos seus síntomas.

O brote importado de Verín só afecta a tres pacientes deste Concello, segundo informa o Servizo Galego de Saúde. A muller índice do surto é de fóra da comunidade galega e foille detectada a infección estando xa de volta no seu domicilio, onde se atopa en aillamento. 

Un caso importado provoca un gromo de coronavirus en Verín, con 3 infectados
comentarios