venres 30/10/20
Este martes eran 52 os casos activos no concello de Verín

Un novo positivo dunha enfermeira eleva a 15 os contaxios entre o persoal do Hospital de Verín

Cúmprese unha semana dende que se coñeceu o gromo rexistrado no Hospital Público de Verín e son xa 15 os casos positivos entre o seu persoal, o último, este martes, unha muller de 45 anos. 

A segunda onda da pandemia está deixando un maior número de contaxios no Hospital de Verín.
A segunda onda da pandemia está deixando un maior número de contaxios no Hospital de Verín.

Segundo tivo coñecemento Diario do Támega, arestora son 15 os profesionais sanitarios e administrativos do Hospital de Verín que foron diagnosticados de COVID - 19 dende que se dera a coñecer o gromo no interior do centro hospitalario

Unha muller, de 45 anos, enfermeira, é o novo caso diagnosticado, que se suma a unha muller de 68, e dous homes de 85 e 59, todos de Verín e que veñen de incorporarse á listaxe de positivos en COVID-19 na vila. Como así confirmou o rexedor local, Gerardo Seoane, este martes 29 de setembro eran 52 os diagnosticados activos no municipio, segundo os datos que ao propio Concello lle facilitaron dende o Sergas.
 

Foco de contaxios

Logo de que se detectasen os primeiros positivos o 22 de setembro, como así adiantou Diario do Támega, o hospital de Verín tense convertido nun notable foco de novos contaxios. Dende o pasado sábado e ata última hora da tarde deste luns 28 de setembro, na comarca rexistráronse 5 novos casos: un home de 33 anos de Oímbra e catro mulleres da vila de 75, 42, 60 e 90 anos. Tres deses cinco casos, todas féminas, tiveron nos últimos días relación co centro hospitalario. A muller de 42 anos é a nai doutra positiva traballadora no complexo; a que ten 75 anos tivo ao seu marido ingresado e a anciana de 90 anos e residente no asilo verinense ingresou con PCR negativa, o que indica no xeriátrico verinense non se tiña rexistrado ningún caso ata o de agora. 
 

Un novo positivo dunha enfermeira eleva a 15 os contaxios entre o persoal do Hospital...
comentarios