sábado 27/02/21
Esta normativa estará vixente na Casa do Concello, na sede de Servizos Sociais e na oficina da Policía Local

Novas restricións para a atención ao público nas principais instalacións do Concello de Verín

O obxectivo é limitar ao mínimo as interaccións, relacións sociais e mobilidade entre os veciños e veciñas do municipio.

Vista aérea da Casa do Concello de Verín e da súa praza. | FOTO: Carlos Montero / Manu San Martino
Vista aérea da Casa do Concello de Verín e da súa praza. | FOTO: Carlos Montero / Manu San Martino.

Ante a expansión desenfreada da Covid-19, o Concello de Verín vese obrigado a activar un protocolo de medidas que teñen a intención de limitar ao mínimo as interaccións, relacións sociais e mobilidade entre os veciños e veciñas do municipio. Esta normativa estará vixente nas instalacións que continúan abertas: a Casa do Concello, a sede de Servizos Sociais e a oficina da Policía Local.

Deste xeito, establécese que:

  • Quedan abertas a vía telefónica ou telemática para todas as consultas. A pesar disto, no caso de ser necesaria unha consulta presencial será indispensable chamar por teléfono ao número 988 410 000, para solicitar unha cita.

 

  • Os funcionarios das instalacións valorarán a urxencia ou necesidade improrrogable da consulta presencial. No caso de poder levarse a cabo establecerá unha cita con día e hora.

 

  • O día da cita, as persoas deben acudir con cinco minutos de antelación. Unha vez na porta realizarase un control de acceso para corroborar que forma parte da listaxe que diariamente se realizar para atender ás demandas dos cidadáns. No caso de non ter solicitado cita, non será atendido.

Novas restricións para a atención ao público nas principais instalacións do Concello de...
comentarios