Venres. 29.03.2024
230413 Pleno Extraordinario Urxente_1 (FILEminimizer)
Momento da votación na sesión extraordinaria urxente do pleno municipal de Verín. | FOTO: Concello de Verín.

O Concello de Verín vén de celebrar a sesión extraordinaria urxente do pleno municipal na que se aprobou o recoñecemento extraxudicial de créditos correspondentes a gastos procedentes do exercicio 2022 por un importe total de 2.621.586,49 euros, para o orzamento xeral municipal para o presente exercicio 2023. 

Unha vez aprobado o levantamento do reparo de intervención sobre as facturas pendentes de pago, elimínase o bloqueo administrativo que existía sobre as mesmas e poden entrar no procedemento común e habitual de pago. Así, poderanse incorporar facturas pendentes de pago do exercicio do 2022 que comezarán a ser pagadas incorporando o remanente de tesoureiría. 

Por outra banda, o pleno tamén deu o visto bo á aprobación da conta xeral do exercicio 2021 e o levantamento do reparo de legalidade referente á compra dun vehículo de segunda man que, cun importe de 36.300 euros, estará destinado ao Servizo de Recollida de Residuos Municipal.

As votacións aprobaron estos acordos por 12 votos a  favor, 7 do PSdeG-PSOE máis 5 do BNG, fronte ós catro en contra do Partido Popular.

NOTICIAS VERÍN | O Concello de Verín recoñece 2.6 millóns de euros en facturas...