Os arrestos foron simultáneos en varios puntos de España e no norte de Portugal
Os detidos dunha operación antidroga, dous deles en Verín, pasan a disposición xudicial
22 de junio de 2022 (18:10 h.)
O Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil de Pontevedra levou a cabo nestes días un macroperativo policial contra o narcotráfico que rematou con dúas detencións en Verín. Preto dunha vintena de persoas están sendo investigadas e algunhas delas xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrucción número 8 de Vigo, responsable da investigación.
O operativo tivo lugar de forma simultánea en Vigo, no Porriño e en Verín, pero tamén noutros puntos de España e no norte de Portugal. Só na provincia de Pontevedra arrestáronse a oito dos implicados. Todos eles comparecerán ante a autoridade xudicial tras esta operación na que a Garda Civil incautou unha serie de narcolanchas en varias fases de construcción.