venres 17/09/21
Con 'Mulleres na historia', e escritoras de primeiro nivel

NOTICIAS VERÍN | Así será a programación das IV Xornadas de Novela Histórica

210914 NOVELA HISTORICA MULLERES
Vicente Rodríguez, director da Biblioteca, e Emilia Somoza, concelleira de Cultura.

Tal e como lles adiantou Diario do Támega o pasado mes de agosto, regresan as Xornadas de Novela Histórica á Biblioteca Municipal. Será os vindeiros 1 e 2 de outubro, baixo o título 'Mulleres na historia' e coa presenza de escritoras de primeiro nivel nacional.

O programa das IV Xornadas de Novela Histórica.O programa das IV Xornadas de Novela Histórica.

"Un ano máis Verín converterase no epicentro da novela histórica grazas ao gran traballo realizado dende a Biblioteca", salientou a concelleira de Cultura, Emilia Somoza. Despois deste parón obrigado pola pandemia, o Concello retoma con forza a axenda cultural "coa finalidade de converter a vila nun referente no eido cultural e de lecer, con eventos de gran calidade como o FIC Vía XIV ou a novidosa Festa da Cervexa en outubro", engadiu.

Para acudir ao evento é preciso dispoñer de entrada que se pode adquirir, de xeito gratuíto, en ataquilla.com.


 

O programa

  • Venres, 1 de outubro:

11:00h: Presentación.

11:05h: Intervención musical de Lourdes Olbés

11:10h: Rosario Raro, José Calvo Poyato y José Luis Corral: Seminario “Mujeres en la historia y como escribir novela histórica”, dirixido aos centros de ensino.

12:15h: Intervención musical de Lourdes Olbés.

19:00h: Inauguración

19:05h: Intervención musical de Lourdes Olbés.

19:10h: Rosario Raro: “De La huella de una carta a Desaparecida en Siboney: mujeres protagonistas en mis novelas”.

19:55h: Intervención musical de Lourdes Olbés.

20:00h: Eva Díaz: “Escribir novelas históricas desde la perspectiva femenina”.

20:45h: Intervención musical de Lourdes Olbés.

20:50h: Sinatura de libros.

  • Sábado 2 de outubro

18:30h: Intervención musical de Lourdes Olbés.

18:35h: María Vila: “Mujeres piratas en el siglo XVI”.

19,15h: María Solar: “Los niños de la viruela. La mayor expedición filantrópica de la historia de la humanidad”.

19:55h: Intervención musical de Lourdes Olbés

20:00h: Luz Gabás: “Las mujeres en mis novelas: De “Palmeras en la nieve” a “El latido de la tierra”.

20:45h: Intervención musical de Lourdes Olbés.

20:50h: Clausura e sinatura de libros.

NOTICIAS VERÍN | Así será a programación das IV Xornadas de Novela Histórica
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade