viernes. 19.04.2024
Reunión de Pilar García e J. M. López mantiveron unha reunión co presidente da Mancomunidade, J. L. Suárez, por mor da creación dun Punto de Encontro Familiar. | FOTO: M. D.
Reunión de Pilar García e José Manuel López co presidente da Mancomunidade, por mor da creación do Punto de Encontro Familiar. | FOTO: M. D.

Pilar García e José Manuel López seguen movendo ficha para a creación dun Punto de Encontro Familiar en Verín, que dea cobertura a familias en situación de vulnerabilidade non só da comarca senón do sur da provincia en xeral. Esta mañá mantiveron unha reunión na Mancomunidade de Verín, co seu presidente, José Luís Suárez, a psicóloga do Centro de Información á Muller, Lorena Álvarez, e a técnico do Servizo de Atención Temperá, Victoria Diéguez.

Os interesados trasladáronlle ao asistentes a necesidade da creación dun destes organismos na zona e solicitáronlles os máximos apoios posibles de cara á presentación do informe ante a Consellería de Política Social. "Nestes casos interveñen CIMs, xulgados, Mancomunidades, psicólogos... Por iso estamos aquí, porque todos os apoios son importantes", afirma Pilar.

Reunión de Pilar García e J. M. López co presidente da Mancomunidade, J. L. Suárez, e outros cargos, por mor da creación dun Punto de Encontro Familiar. | FOTO: María D. F.Os cinco asistentes á reunión desta mañá. | FOTO: María D.

Segundo José Manuel, dende a Mancomunidade manteñen unha postura favorable á creación do centro. Tamén dende a Xunta de Galicia, pois está previsto que manteñan nos vindeiros días unha reunión co delegado en Ourense, Gabriel Alén, quen "se puxo en contacto co presidente da Mancomunidade para mostrar total compromiso coa iniciativa", afirman.

NOTICIAS VERÍN | A Xunta toma partido na creación do Punto de Encontro Familiar