mércores 28/07/21
A Denominación de Orixe mantén o seu propósito de celebrala

NOTICIAS VERÍN | A XV Feira do Viño de Monterrei: o lugar e as datas, á espera do que ocorra coa evolución da pandemia

2019081218144037064
A última Feira do Viño celebrada antes da pandemia, en agosto do 2019.

Parecía que a que vai ser a XV Feira do Viño de Monterrei estaba máis encamiñada a celebrarse pola boa evolución do coronavirus na comarca. Non obstante, os últimos datos mostran un retroceso e, agora, o que está por vir é unha incertidume. 

Tamén no seo da Denominación de Orixe Monterrei que, aínda que internamente mostran intencións de levala a cabo, mantéñense precavidos pola situación. "O noso desexo é o de celebrala, por iso seguimos cos preparativos entre mans", afirma Lara da Silva, presidenta do Consello Regulador. "Non estamos a facer promoción porque o primeiro e o principal é a saúde. Aínda falta algo máis un mes, e non sabemos como van ser por aquel entón as medidas anticovid nin as restriccións", engade. 

Algo máis dun mes porque, de celebrarse, tería lugar os días 14 e 15 de agosto, dous días en lugar de tres como nas anteriores edicións. O lugar elixido podería ser o parque da Preguiza, á ribeira do río Támega, onde poder controlar correctamente o aforo, en detrimento do parque da Alameda que é "moi difícil de xestionar"

Tanto a Denominación de Orixe como o Concello de Verín, as dúas institucións organizadoras, xa mantiveron distintas reunións respecto a isto e, segundo afirma Da Silva, a próxima semana terá lugar un novo encontro onde se determinará "se o sobrecoste de perimetrar e aplicar tódalas medidas de seguridade resulta interesante". De ser así, advirte, "se chegados a aquel día e a normativa de Sanidade o require, non teremos ningún inconveniente en suspendela".

NOTICIAS VERÍN | A XV Feira do Viño de Monterrei: o lugar e as datas, á espera do que...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade