viernes. 19.04.2024
Verín-presentación-auditorio
O acto de presentación terá lugar este luns no auditorio de Verín.

Ás 12:30 horas deste luns está previsto que cheguen a Verín tanto o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, coma o seu compañeiro no goberno da Xunta de Galicia, o titular de Medio Rural, José González, para presentar, no auditorio da vila, o proxecto de Defensa Contra Incendios na fronteira hispano-lusa, coñecido como Interlumes, iniciativa posta en marcha ao abeiro da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. 

O rexedor municipal, Gerardo Seoane, será o encargado de darlle á benvida aos representantes do Executivo autonómico ás portas do auditorio da vila. A continuación, os participantes dirixiranse ao seu interior para dar comezo o acto no que intervirán, ademais de Seoane Fidaldo, o Director Xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, que dará conta das liñas mestras do proxecto Interlumes

Logo, será a quenda de intervencións do resto de autoridades: pola banda lusa falará Carlos Rodriguez Alves, Director da Autoridade Nacional de Emerxencia e Protección Civil de Portugal.

Pecharán o acto a intervención do conselleiro de Medio Rural, José González, e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. 

NOTICIAS VERÍN | Vicepresidente e conselleiro de Medio Rural presentan no auditorio...