Venres. 29.03.2024
Terraza do bar Oasis, na avenida Luís Espada de Verín. | FOTO: M. D.
Terraza do bar Oasis, na avenida Luís Espada de Verín. | FOTO: M. D.

Tal e como acaba de anunciar o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico que asesora á Xunta de Galicia, o concello de Verín baixará ao nivel medio de restricións mentres que Monterrei e Riós farano ao medio-baixo. Despois de varias semanas en niveis superiores, os tres concellos da comarca con máis risco evolucionan de maneira favorable pola "mellora da situación epidemiolóxica" que sinalou Comesaña. 

Por este progreso, o comité axustou ámbitos, elevando algúns dos aforos na hostalería e no ocio nocturno, despois de que onte entraran en vigor novas medidas trala negativa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de solicitar un certificado ou proba diagnóstica negativa para acceder aos interiores. Á espera do auto íntegro, este vindeiro sábado 21 serán efectivas as seguintes ocupacións:

  • Ocio nocturno

NIVEL MÁXIMO: Pechado o interior e terrazas ao 75% (ningún concello galego)

NIVEL ALTO: Pechado o interior e terrazas ao 75% (A Rúa e O Barco, na nosa provincia)

NIVEL MEDIO: 50% no interior e 75% en terrazas, nivel no que se atopará Verín.

NIVEL MEDIO-BAIXO: 50% interior e 100% en terrazas, nivel no que se atoparán o resto de municipios da comarca.

  • Hostalería

NIVEL MÁXIMO: Pechado o interior e terrazas ao 50% (ningún concello galego)

NIVEL ALTO: 30% no interior e ampliado ao 75% nas terrazas (A Rúa e O Barco, na nosa provincia)

NIVEL MEDIO: interior 50% e exterior 100%, nivel no que se atopará Verín.

NIVEL MEDIO-BAIXO: Pasa a 75% no interior e 100% en terrazas, nivel no que se atoparán o resto de municipios da comarca.

NOTICIAS VERÍN | Verín regresa este sábado ao nivel medio de restricións