mércores 16/06/21
O prazo ábrese este martes 1 de xuño

NOTICIAS VERÍN | Velaquí o que custará inscribir aos cativos na "escola de verán"

Verín-Escola deportiva 2019
Participantes nas escolas deportivas do pasado verán de 2019. | FOTO: Concello de Verín.

Dende a Área de Mocidade do Concello de Verín organízase, un ano máis, o programa deportivo "Escola de Verán" e infórmase que a partir do 1 de xuño ábrese o seu prazo de inscrición. A “Escola de Verán” é unha iniciativa lúdico-deportiva que xa cumple a súa 23ª edición e que se desenvolverá desde o xoves 1 de xullo ata o martes 31 de agosto, destinada a un máximo de 200 menores nados dende o 2007 ata o 2017.

As actividades que conforman este programa deportivo estarán organizadas baixo as estritas medidas de seguridade Covid-19 que marquen as autoridades sanitarias en cada momento. Este ano, como principal novidade, a organización amplirá o seu horario con finalidade de adaptarse, na medida do posible, ás necesidades de conciliación laboral que teñen as familias.

Deste xeito, a Escola de Verín desenvolverase de luns a venres, dende as 09:00 ás 14:00 horas. As modalidades de participación serán as seguintes:

Grupo Xeral de 3 días/semana (luns-mércores-venres) 

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e Piscinas da Granxa.

Actividades: xogos predeportivos, rotas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas.


Grupo de Fútbol e Fútbol-Sala de 3 días/semana (luns-mércores-venres) 

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Complexo Deportivo A Granxa e Piscinas da Granxa.

Actividades: actividades deportivas de fútbol, fútbol-sala e acuáticas ao aire libre.


Grupo Xeral de 5 días/semana (luns a venres) 

Idades: 4 a 14 anos.

Lugar: Preferentemente no Pavillón Municipal de Deportes e piscinas da Granxa.

Actividades: xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, teatro, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas

Grupo Mixto de 5 días/semana (luns a venres) 

Idades: 7 a 14 anos.

Lugar: Pavillón Municipal de Deportes/Polideportivo A Garnxa e piscinas da Granxa.

Actividades: Combina a asistencia ao grupo de fútbol/fútbol sala (luns, mércores e venres) e o grupo xeral (martes e xoves).

O primeiro día da escola de verán (1 de xullo) farase unha xuntanza informativa para os pais de todos os participantes no Pavillón de Deportes ás 09:00 horas. Ao rematar a xuntanza, os menores irán ás piscinas descubertas en réxime normal de participación activa na actividade.

Os prezos

Ademais, para ofertar unha actividade totalmente acorde ás necesidades das familias, pódese elixir a temporalidade que se desexe (quincena, mes ou a actividade completa) sen compromiso. Os seus prezos están estipulados do vindeiro xeito:

Verín-Escola de verán

 

Onde realizar as inscricións?

A inscrición realízase presencialmente nas instalacións do Pavillón Municipal de Deportes (rúa Irmáns Moreno, 13), en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben remitindo un correo electrónico a [email protected]. Para formalizar as inscricións nesta actividade cómpre entregar a seguinte documentación:

  • Folla de solicitude, declaración de responsabilidade e os consentimentos 
  • Fotocopia do DNI 
  • Xustificante de pagamento das taxas en Caja Rural de Zamora 

ES82 3085 0082 57 2197715622

  • Acreditar a condición de eurocidadán/empadroado do menor se se quere acceder ao pagamento reducido

NOTICIAS VERÍN | Velaquí o que custará inscribir aos cativos na "escola de verán"
comentarios