Venres. 29.03.2024
58F64191-7320-49B5-A7F4-4994DD524C94
As ferramentas que utilizaron os ladróns para perpetrar o roubo.

Os dous varóns, de 40 e 26 anos, que foron detidos na madrugada do martes ao mércores como autores materiais da tentativa de roubo na Casa do Concello, pasaron hoxe a disposición xudicial. A investigación, que continúa aberta, está a cargo do Xulgado número 1 de Instrucción de Verín, quen decidiu deixar en liberdade con cargos aos dous detidos. Ambos deberán persoarse nos xulgados os días 1 e 15 de cada mes.

Os feitos

Ambos entraron ao interior da casa consistorial, acompañados doutros dous individuos, na madrugada do 16 de xuño coa chave da porta principal. Alí estábaos esperando a Garda Civil, que recibira un chivatazo, e logrou frustrar o seu obxectivo. Non obstante, e tras un forcexeo, lograron escapar deixando a un axente con varias lesións. Posteriormente foron detidos. Os outros dous déronse a fuga nun coche que, máis tarde, sería interceptado no quilómetro 15 da A-52, á altura do municipio de Quiruelas de Vidriales, xa na provincia de Zamora. Ambos lograron fuxir a pé.

No día de onte tamén se procedeu á detención dunha das traballadoras do concello, de 52 anos, quen presuntamente lles facilitou a chave de acceso aos delincuentes. A Garda Civil tamén recuperou diversas ferramentas e útiles que foron empregados no intento de roubo da caixa forte.

NOTICIAS VERÍN | En liberdade con cargos os autores materiais do intento de roubo no...