Xoves. 28.03.2024
A ambulancia socorrendo á muller atropelada na rúa Deputación de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero
A ambulancia socorrendo á muller atropelada na rúa Deputación de Verín. | FOTO: Xosé Lois Colmenero

Arredor das 12 desta mañá, unha muller foi atropelada á altura do número 12 da céntrica rúa Deputación de Verín. A muller, que circulaba na súa bicicleta en dirección á avenida Luís Espada, resultou ferida leve. Segundo testemuñas presenciais, un vehículo procedeu a realizar unha maniobra de adiantamento, o que fixo que a muller se desequilibrara. Nese momento, o coche alcanzouna e rematou caendo ao chan. 

Aínda que as lesións, aparentemente, non son de gran consideración, foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de Verín para ser sometida a unha avaliación médica. Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Policía Local da vila.

NOTICIAS VERÍN | Unha muller, ferida leve, tras un atropelo mentres circulaba en bicicleta