sábado. 20.04.2024
Acudimos á Cata de viños da D. O. Monterrei para conmemorar a Feira do Viño. | VÍDEO: Iván Iglesias

A tradicional Feira do Viño de Monterrei non puido ser celebrada da maneira que todos coñecemos pero, dende a D. O. Monterrei, non quixeron perder a oportunidade de homenaxear a este produto típico da zona. Faino con actividades alternativas durante toda a fin de semana en diferentes localizacións da comarca. Hoxe, tivo lugar unha cata de viños afroitados na casa rural O Retiro do Conde, en Vilaza, en grupos reducidos de dez persoas e con estritas medidas de seguridade. 

A presidenta do Consello Regulador da D. O. Monterrei, Lara Da Silva, presentou o evento no que quixo resaltar a calidade dos viños de Monterrei. Tamén aproveitou para pechar a polémica en canto á organización unilateral destes eventos. "Non existe ningún desacordo co Concello de Verín e estas actividades lévanse a cabo nestas localizacións para coñecer e desfrutar da riqueza que ten a nosa comarca, non para afastalas de Verín", remata Da Silva.

3BE673BD-94C8-45FA-A91D-9ED654C7FD55

Programa das actividades da D. O. Monterrei durante esta fin de semana.

NOTICIAS VERÍN | Unha fin de semana diferente para celebrar a Feira do Viño de Monterrei