viernes. 19.04.2024
PHOTO-2021-05-27-10-12-33
O xefe de urxencias do Hospital de Verín, Cesáreo Álvarez (esquerda) con parte do equipo á entrada do edificio de emerxencias.

Hoxe 27 de maio, conmemórase o Día da Medicina de Urxencias e Emerxencias a nivel mundial. A campaña, promovida pola Sociedade Europea de Medicina de Emerxencia (EUSEM), ten como obxectivo unir á poboación e aos organismos oficiais para reflexionar sobre a atención urxente que se lle presta aos pacientes

A Unidade de Urxencias do Hospital de Verín, encabezada polo doutor Cesáreo Álvarez, uníuse esta mañá, durante uns minutos, á celebración. "Todos os servizos de urxencias de España concentrámonos na porta dos hospitais para reclamar a creación da especialidade en medicina de urxencias, tan necesaria para aportar máis calidade asistencial á poboación", afirma o xefe de urxencias.

Os servizos de urxencias de España concentrámonos para reclamar a creación dunha especialidade en medicina de urxencias (Doutor Cesáreo Álvarez, xefe de urxencias do Hospital de Verín)

PHOTO-2021-05-27-10-21-29O doutor Cesáreo Álvarez e varios compañeiros do servizo de urxencias coa pancarta promocional.

En España non existe esa especialidade, nin médica nin enfermeira, para desempeñar a actividade asistencial de urxencias e emerxencias. Por iso, consideran importante a concienciación xeral sobre esa necesidade, así como contar con sistemas médicos mellor preparados e organizados para garantir a supervivencia dos pacientes máis graves. 

Con todo, a mellora do servizo xa está en marcha no propio Hospital de Verín, que previsiblemente estreará novo edificio de urxencias o vindeiro ano 2022.

NOTICIAS VERÍN | O Hospital de Verín reivindica a creación dunha especialidade de...