Estará afectada a avenida de Laza, O Salgueiro e A Rasela

NOTICIAS VERÍN | Dúas horas e media a escuras na noite do 12 ao 13 en tres barrios de Verín

Anuncio efectuado polo Concello de Verín nas súas redes sociais.

Desde o Grupo Naturgy informan que, co fin de efectuar traballos de mantemento na rede eléctrica, entre as 23:30 do día 12 de novembro e as 2:00 horas do 13 de novembro, realizarase unha interrupción programada da subministración eléctrica, total ou parcial, nas seguintes zonas:

  • A Rasela (abranguerá as rúas Camiño Rasela, Campo Grande, Souto Laranxo e A Touza)
  • O Salgueiro
  • Avenida de Laza e Grupo Monterrei