NOTICIAS VERÍN | A GNR patrulla coa Garda Civil pola feira verinense
12 de julio de 2021 (13:27 h.)
Axentes de Garda Civil e da GNR (Guarda Nacional Republicana) patrullaban esta mañá pola Praza Maior da vila, coincidindo coa celebración do mercado comarcal.
Días atrás incorporáronse varios axentes do veciño corpo de seguridade portuguesa ás labores de vixiancia que realiza a Garda Civil polo territorio. Hoxe tocou comprobar que se respectaban as medidas de distanciamento social de todos aqueles que acudiron á feira.