viernes. 19.04.2024
IMG-3039-min
O tráiler envorcado na rotonda de Oímbra. | FOTO: M. D.

VERÍN-accidente-tráiler-rotondaO chófer do vehículo articulado resultou ferido leve. 

Pasadas as tres da tarde producíase unha saída de vía na intersección que dá acceso á A-52 e á estrada de Portugal (N-532), coñecida como a rotonda de Oímbra. Nese momento, un tráiler que transportaba plástico reciclable prensado, envorcou cara a marxe dereito deixando ao seu condutor ferido leve, cun pequeno corte por debaixo do xeonllo dereito.

Segundo as autoridades, o chófer do vehículo articulado deu negativo nun control rápido de alcol e drogas. Agora, deberán investigar as causas do suceso, que podería terse producido por un exceso de velocidade ou ben por unha carga mal colocada, desnivelada cara ao lado dereito. 

O tráiler cubría no momento a ruta Valencia-O Carballiño. Ata o lugar dos feitos desprazáronse axentes dunha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil e efectivos dos Bombeiros de Verín.

NOTICIAS VERÍN | Un ferido leve trala saída de vía dun tráiler na rotonda de Oímbra