viernes. 19.04.2024
196638728_4084486638295716_4676608083115464155_n
A portada do último libro de Alberte Blanco.

O vindeiro xoves 10 de xuño, ás oito da tarde, vaise presentar a última obra de Alberte Blanco Casal no salón de actos da Casa da Cultura de Verín. Xeopolítica, pandemia e pos-capitalismo, da edición Xerais, saiu á venda o pasado 11 de marzo e, agora, será presentada en Verín en condicións especiais por mor da Covid-19. Establecerase un control do aforo e porén, só estarán dispoñibles 18 localidades que se ocuparán por orde de chegada. Ao acto acudirá tamén o tenente de alcalde do concello de Verín, Diego Lourenzo

A sinopse

"O autor enfoca a crise do mundo actual achegando datos e argumentos que levan á reflexión crítica e á dúbida intelixente sobre o que nos rodea. Nestes tempos estranos, de cambio e turbulencias, onde os vellos (e novos) paradigmas do librecambismo xa non resultan válidos para resolver os problemas e retos do mundo actual, a reflexión amósase como virtude indispensábel, que nos permite facérmonos preguntas e intentar comprender a clave do arcano sen deixarnos confundir polos ouropeis da modernidade e as luces de cores do politicamente correcto." 

Alberte Blanco, natural de Vilaboa (Pontevedra), é enxeñeiro e escritor. Coñecido na zona por ser profesor de Tecnoloxía do IES Xesús Taboada Chivite, do que foi director entre os anos 2002 e 2005, e por ser o precursor de varias actividades do fomento da cultura na comarca.

NOTICIAS VERÍN | O escritor Alberte Blanco presentará a súa última obra na Casa da...