Xoves. 28.03.2024
PHOTO-2021-05-27-09-21-33
O material férreo con interior de cobre subtraído das obras do AVE e interceptado pola Garda Civil.

Os efectivos da Garda Civil de Vilar de Barrio detiveron a tres persoas no día de onte como presuntos autores dun suposto delito de roubo con forza nas cousas. Os detidos, veciños de Maceda e que responden ás iniciais de J.S.J., P.S.G. e D.S.G., fixéronse, presuntamente, con sinalización férrea co interior de cobre nas obras do AVE en Laza, concretamente no Túnel do Corno (nº 62).  

O arresto produciuse despois de que un responsable de ADIF presentara unha denuncia o pasado día 18. O denunciante relatou que os días 15 e 16 de maio se producira dito roubo, valorando o material subtraído en 12.000 euros. Despois da pertinente investigación, procedeuse á detención dos tres individuos, aos que se lle imputan 24 delitos contra o patrimonio entre o 17 de decembro e o 21 de maio.

PHOTO-2021-05-27-09-21-34O material subtraído do Túnel do Corno, en Laza.

As dilixencias instruídas en relación con estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrucción Número 2 de Verín. O delito de roubo con forza nas cousas está recollido no Código Penal e castigado cunha pena de prisión de ata cinco anos

NOTICIAS VERÍN | Detidas tres persoas por un presunto roubo de material férreo nas...