mércores 16/06/21
O sinistro, rexistrado no quilómetro 146,5 en sentido decrecente, non deixou feridos

NOTICIAS VERÍN | Cortado un carril da A-52 á altura de Riós ao colidiren un tráiler e un camión de mantemento de autovías

A colisión, na A-52, á altura do quilómetro 146,5 (Riós) | VÍDEO: M. Ceballos
Algo antes das 14:00h producíase unha colisión por alcance na A-52 á altura do quilómetro 146,5, no concello de Riós. Un tráiler, con matrícula portuguesa, que circulaba en sentido decrecente, isto é, en dirección O Porriño-Benavente, colisionou contra o camión de mantemento das autovías, que se atopaba estacionado no arcén mentres o persoal desbrozaba nas inmediacións. O chófer do tráiler, procedente da localidade portuguesa de Viana do Castelo e con destino Francia e Bélxica, non se percatou da existencia do outro vehículo e non lle deu tempo a reaccionar. Non houbo que lamentar danos persoais pero si evidentes materiais: o vertido de pintura branca por toda a vía, que transportaba, entre outras cousas, o vehículo articulado. Isto provocou que o carril dereito tivera que ser cortado ao tráfico de maneira momentánea e habilitado o esquerdo para manter a circulación. Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos da patrulla de destacamento de tráfico de Verín.

NOTICIAS VERÍN | Cortado un carril da A-52 á altura de Riós ao colidiren un tráiler e...
comentarios