Martes. 19.03.2024
4C5541DB-9EB7-48FE-A0B0-02FA71852693
Parque da Preguiza, onde se celebrará a Festa da Cervexa.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, aproveitou o pasado sábado, no seo da clausura do FIC Vía XIV, para anunciar que o fomento da cultura na vila non fixera máis que despegar -agora que parece que a situación epidemiolóxica nos está dando unha tregua-.

Unha desas citas ineludibles será a celebración das xornadas de Novela Histórica na Biblioteca Municipal e outra, a Festa da Cervexa ao máis puro estilo Oktoberfest. O lugar elixido para a celebración é, tal e como lle confirmou a este medio o rexedor, o parque da Preguiza, recentemente habilitado. Nese recinto "instalarase unha cuberta de lona e poranse mesas e sillas para que os asistentes poidan estar sentados, ao igual que se fai na festa orixinal en Alemaña", afirmou o rexedor.

"Pretendemos que as cervexas sexan de primeiras marcas do noso país e que haxa tamén comida galega. Churrasco, pulpo, xamón...", engadiu. Para amenizar as xornadas, que se celebrarán o 8, 9 e 10 de outubro, contarase coa asistencia de varios grupos musicais que aínda están en negociación. "Estamos en comunicación con eles para, o antes posible, cerrar os concertos", confirmaba a concelleira de Festexos, Emilia Somoza.

NOTICIAS VERÍN | Verín celebrará a súa Festa da Cervexa ao máis puro estilo alemán