mércores 16/06/21
Gerardo Seoane pronunciarase por primeira vez sobre a polémica

NOTICIAS VERÍN | Comeza a reunión da comisión de control e o rexedor ofrecerá declaracións ás 11:00 horas

Reunión da comisión de control de procesos, ás 10:00 horas. | FOTO: Carlos Montero.
Reunión da comisión de control de procesos, ás 10:00 horas. | FOTO: Carlos Montero.

Vén de arrancar a primeira das sesións da comisión de control dos procesos selectivos no Concello de Verín, instada polo grupo de Goberno e na que participan as forzas sindicais con representación, trala polémica xurdida polos resultados da proba de avaliación dos candidatos a ocupar o posto de traballador/a social do consistorio verinense. 

O rexedor, Gerardo Seoane, ofrecerá declaracións aos medios ás 11:00 horas ás portas da casa consistorial. 

 

NOTICIAS VERÍN | Comeza a reunión da comisión de control e o rexedor ofrecerá...
comentarios