martes 27/07/21
Durante os vindeiros dous meses no marco do Xacobeo 2021

NOTICIAS VERÍN | Seis axentes da portuguesa GRN incorpóranse ao cuartel da Garda Civil para reforzar a seguridade cidadá

3033433D-A0AE-44D4-9874-5E754D724705
Tres dos seis axentes da GNR en compañía de dous efectivos da Garda Civil no cuartel de Verín.

Dende hoxe e ata o vindeiro 1 de setembro, seis axentes da Garda Nacional Republicana de Portugal únense ás filas da Garda Civil de Verín. O motivo non é outro que a creación de patrullas mixtas para reforzar a seguridade durante o Xacobeo 2021.

A colaboración entre ambas institucións data de hai anos atrás dada a proximidade entre as localidades de Chaves e Verín, pois só 30 quilómetros as separan. Por exemplo, no Destacamento de Tráfico este tipo de colaboración era algo habitual, sobre todo, desde que chegou como xefe da sección o tenente Juan Carlos Nogueiras, recentemente galardoado coa medalla de bronce ao mérito de protección civil e que, o pasado mes de abril, se despedía de Verín para continuar ao mando na capital ourensá.

NOTICIAS VERÍN | Seis axentes da portuguesa GRN incorpóranse ao cuartel da Garda Civil...
comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade