A alerta activarase dende as 13:00 e ata as 21:00 horas
NOTICIAS VERÍN | Aviso amarelo por treboadas para a tarde do xoves no sur ourensán
25 de agosto de 2021 (20:25 h.)
A Agencia Española de Metereología vén de activar o aviso amarelo por choiva e treboadas para a tarde de mañá xoves 26 de agosto en grande parte do sur da provincia de Ourense.
Segundo advirten, a probabilidade de que se den está entre o 40 e o 70 por cento.