A alerta activarase dende as 16:00 horas e ata as 23:00

NOTICIAS VERÍN | Aviso amarelo por treboadas para esta tarde no sur ourensán

Mapa do nivel amarelo de risco da Axencia Española de Meteoroloxía.

A Agencia Española de Metereología vén de activar o aviso amarelo por choiva e treboadas para esta tarde en grande parte do sur da provincia de Ourense.

Segundo advirten, poderán estar acompañadas de graínzo e agárdase que as precipitacións cheguen aos 15 litros por metro cadrado. 

A probabilidade de que se den está entre o 40 e o 70 por cento.