martes. 23.04.2024
A grúa retira a furgoneta calcinada.  | FOTO: M. D.
A grúa retira a furgoneta calcinada. | FOTO: M. D.

Unha furgoneta de reparto, pertencente a unha panadería de Vilardevós, ardeu este mediodía en marcha cando se dirixía de volta ao forno situado nesa localidade. O condutor, que saiu ileso e polo seu propio pé, percatouse da presenza de fume e decidiu deter o vehículo. El mesmo alertou aos servizos de emerxencias cando, minutos máis tarde, comezaron as lapas que finalmente deixaron a furgoneta e parte da calzada calcinadas. 

6708A3B1-14CC-401C-87C2-334DFD3A2DC1Así quedou a calzada tralas lapas. | FOTO: M. D.

As causas polo momento descoñécense e o vehículo xa foi retirado do lugar do suceso. Ata alí acudiron efectivos da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, así como dous camións de bombeiros do parque de Verín, encargados da extinción do lume. 

NOTICIAS VERÍN | Sae ileso tras incendiarse a súa furgoneta en marcha