miércoles. 24.04.2024
Antonio e Juan Carlos, vendedores da Once. | FOTO: M. D.
Antonio Martínez e Juan Carlos Lameiro, vendedores da ONCE. | FOTO: M. D.

Antonio Martínez é hoxe un dos homes máis buscados de toda a vila, pois foi o 'culpable' de repartir os seis cupóns da ONCE premiados que deixaron en Verín máis de 200.000 euros. Dende hai anos é imaxe da organización na localidade xunto con outros dous compañeiros. Agora, decide marchar e seguir a súa viaxe na ONCE fóra dos nosos límites. O lugar de destino é Ourense porque, segundo di, "quédame moito máis preto de casa, son uns 50 quilómetros menos". Natural de Cortegada, está acostumado a repartir premios menores pero ningún comparado con este. "É o primeiro premio grande que dou", dixo o vendedor.

Pecha desta maneira tan doce unha etapa en Verín, deixando o testigo a un compañeiro que o remprazará a partir do próximo luns. Por tanto, a vila seguirá contando con tres puntos de venda da ONCE, un deles, a cargo de Juan Carlos Lameiro, situado na rúa Lisa de forma permanente.

NOTICIAS VERÍN | Antonio e a súa despedida pola porta grande