Venres. 29.03.2024
Luis Delgado, de Afiauto |Foto: Ivan Iglesias

Leva case tres décadas ao servizo dos clientes da comarca e aínda se sorprende ao contar a gran fidelidade que conseguiu durante todos estes anos: “Temos familias que xa teñen comprado máis de nove coches aquí. Iso ten que significar que confían en nós”, conta Luis Delgado, xerente do concesionario multimarca ‘Afiauto’. E nada máis lonxe da realidade, pois é un dos referentes do sector automobilístico en Verín. “Non vendemos coches, vendemos confianza.”

Luis, xerente de Afiauto | FOTO: IVAN IGLESIAS
Luís Delgado, xerente do concesionario 'Afiauto', en Pazos. | FOTO: Iván Iglesias.

Ese é precisamente o obxectivo desta empresa, pequena e familiar, pero con gran percorrido: conseguir o equilibrio entre un bo servizo e a confianza mutua vendedor-cliente. Conta Luís que “traballamos con toda claridade, total transparencia e total comunicación para que nada falle nese proceso. O que queremos é que o cliente estea ben atendido".

Novas fórmulas

Neste sentido, xa utilizan novas pautas que simplifican o proceso de venda: “Somos comerciais cunha nova forma de traballar. Servimos de ponte entre os clientes e as grandes marcas, para que poidan acceder a elas sen necesidade de desprazarse a outra localidade”. Luís e o seu equipo son distribuidores oficiais de Kia e Fiat na zona e tamén traballan con distintas marcas en vehículos semi-novos, que “suscitan moito interese porque son coches actuais que mantemos en moi bo estado”.

Outro dos ‘segredos’ desa exclusividade é o traballo con cita previa no que son pioneiros na comarca e que, para Luís, é fundamental: “Do contrario, cremos que non poderiamos dar un servizo tan personalizado. Ao final o cliente recorda o que comprou, pero tamén como o trataches".

Interior de Afiauto | Foto: IVán IglesiasA galería de exposición de 'Afiauto' desde o interior. | FOTO: Iván Iglesias.

 

O lugar de traballo

O centro neurálxico é o seu taller, amplo, cómodo, organizado e chamativo, sito na estrada de Ourense, s/n., en Pazos. Alí realizan as labores de mantemento e reparación dos vehículos, así como o tratamento de todo tipo de problemas dende a diagnose ata a súa posterior solución.

Para iso, contan coa mellor tecnoloxía, da que nunca deixan de aprender. “Agora máis que nunca temos que estar en continua formación. Estudamos híbridos enchufables, mellores máquinas para a diagnose, condución autónoma, luces Led, e estamos facendo cursos en novas técnicas para poder estar o máis actualizados posible".

Exterior de Afiauto | Foto: Ivan IglesiasA entrada ao taller 'Afiauto'. | FOTO: Iván Iglesias.

O sector do automóbil viuse moi afectado a consecuencia da pandemia pero en 'Afiauto' confían en que os mellores tempos sempre estean por chegar.

NOTICIAS DE EMPRESA | ‘Afiauto’, automoción adaptada a tódolos tempos