mércores 16/06/21
Hoxe abre o prazo de inscrición para as probas de acceso ao nivel

NOTICIAS VERÍN | O CMUS incorpora dous novos instrumentos á oferta do grao elemental

auditorio
Auditorio Municipal de Verín, sede do CMUS. | FOTO: M. D.

O Conservatorio Municipal de Verín vén de abrir, no día de hoxe, o prazo de inscrición para todas aqueles rapaces, de entre 8 e 14 anos, que estean interesados en comezar os seus estudos de música no nivel elemental

prazo para presentar solicitudes é dende hoxe, 27 de maio, ata o próximo 16 de xuño. Pasado este período, celebraranse as probas de acceso que terán lugar o día 21 de xuño ás catro da tarde no Auditorio Municipal, sede actual do CMUS. Constarán dunha única proba práctica, na que se van avaliar as capacidades do rapaz ou rapaza para iniciar os estudos musicais. "Os exercicios, que van ser para todos os mesmos, servirán para analizar a aptitude rítmica, auditiva e vocal e a psicomotricidade", afirma Álvaro Blanco, director do Conservatorio.

A elección do instrumento

Unha vez se realicen as probas, outorgarase unha puntuación a cada aspirante e poderán elixir instrumento segundo a orde establecida por esa calificación. "O obxectivo de facer a elección a posteriori é cubrir prazas en tódolos instrumentos. Os máis demandados son os que habitualmente menos prazas teñen", engade o director do Conservatorio.

Os xa alumnos poderán elixir entre varias modalidades. Este curso, a novidade está na oferta de dous novos instrumentos como son o violonchelo e a trompa. Segundo Sara Dapía, secretaria da ANPA "A oferta de chelo e vento grave nunha vila e en grao elemental é unha moi boa noticia para a cidadanía". Algo no que coincide o director do Conservatorio que, engade "Ademais deses dous novos instrumentos queremos potenciar a tuba e o trombón".

unnamed (1)

Oferta de instrumentos para o grao elemental do CMUS.

solicitude para a realizar a proba de acceso consta dun formulario que deberá ser debidamente cumplimentado cos datos que require e posteriormente, do pago da correspodente taxa. Unha vez aboada, a documentación poderá ser presentada de maneira presencial no Negociado de Cultura de Verín, sita no primeiro andar da casa consistorial, ou ben telemáticamente a través da sede electrónica do Concello.

NOTICIAS VERÍN | O CMUS incorpora dous novos instrumentos á oferta do grao elemental
comentarios