martes. 16.04.2024
A deputada nacionalista, Noa Presas, na súa intervención esta tarde no pleno do Parlamento de Galiza. | FOTO: cedida.
A deputada nacionalista, Noa Presas, na intervención no pleno do Parlamento de Galiza no que xa interpelara por esta cuestión. | FOTO: cedida.

Noa Presas cualifica de escandalosa a conclusión de sanción e pedirá explicacións no Parlamento Galego no que parece unha mensaxe para amedrentar ante a contestación social que ten o deterioro da sanidade nos hospitais e centros comarcais ao longo do país.

A deputada por Ourense no Parlamento Galego fíxo eco da información publicada neste xornal na que se confirma como o doutor vén de ser sancionado con dous días de suspensión de emprego e soldo a anunciou que o Grupo Parlamentario do BNG vén de rexistrar unha batería de iniciativas urxentes para demandar explicacións á Xunta de Galiza.

A Xunta busca amedrentar a todo o persoal sanitario para que cale ante posibles novos recortes e abusos (Noa Presas)

A deputada por Ourense, Noa Presas, cualificou de escandalosa a conclusión de sanción considerando que "o PP se pasou de freada ao buscar castigar a un profesional que se significou na exemplar loita de Verín non se pecha" e considera que "a Xunta busca amedrentar a todo o persoal sanitario para que cale ante posibles novos recortes e abusos".

FOTO NOA PRESASA deputada ourensá do BNG pedirá contas, de novo, no Parlamento de Galicia. 

O BNG reitera o seu apoio e solidariedade co doutor Castrillo, agradecendo novamente a súa contribución á vitoria social e colectiva da comarca de Monterrei a prol do mantemento da sala e partos.

Unha "manobra de persecución que non se sostén"

Hai uns meses o BNG xa valoraba que a situación era escandalosa, e o feito de que a sanción sexa dous días de suspensión evidencia que "estamos diante dunha manobra de persecución que non se sostén, carece de forza e hai meses que a Xunta debera ter retirado o expediente e o Partido Popular pedido desculpas, pois claramente o que se procura é enviar unha mensaxe de ameaza aos profesionais sanitarios que responden as medidas da Xunta, hoxe é Castrillo e é Verín e maña podería ser calquera outro profesional en calquera outro lugar do noso país", di a deputada Presas.

Isto non vai amordazar a loita por unha sanidade pública digna e próxima (Noa Presas, deputada do BNG no Parlamento galego)

O BNG lamenta a vinganza contra o doutor Castrillo e advirte que "isto non vai amordazar a loita por unha sanidade pública digna e próxima", conclúe a parlamentaria ourensá. 

Noa Presas: "A sanción a Castrillo é de escándalo: é unha manobra de persecución que...