jueves. 25.04.2024
_DSC0093
Os cativos e os seus pais durante a actividade.

O 23 de abril, os nenos e nenas que participan no programa educativo infantil Kero Kolo estiveron celebrando o Día Internacional do Libro na Biblioteca Municipal de Verín.

Os rapaces estiveron acompañados dos seus proxenitores e das responsables da iniciativa: Sonia Muíños Duarte, educadora infantil, e Noemí Vázquez de la Iglesia, psicóloga dos Servizos Sociais comunitarios do ente municipal. A actividade consistiu nunha xornada de contacontos e manualidades, onde os responsables de Biblioteca fixeron unha presentación das instalacións e servizos para trasladar a importancia do fomento da lectura dende idades tempranas.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do proxecto global da Biblioteca do Concello de Verín de Fomento á Lectura polo que esta institución foi premiada no pasado 2017 co Premio María Moliner á mellor iniciativa de España ao impulso da lectura, posicionando ao ente municipal coma referente a nivel nacional.
Este xoves 25 de abril a Biblioteca repetirá esta actividade co resto dos participantes da escola de familia do Concello de Verín.

As nenas e nenos do programa infantil Kero Kolo celebraron o Día Internacional do Libro...