jueves. 18.04.2024
O Claustro Mercedario, ao lado da igrexa.
Fachada principal do Museo de Verín.

Hoxe 18 de maio, como cada ano, conmemórase o Día Internacional do Museo. Este, o museo do Claustro Mercedario de Verín, está considerado como o primeiro museo permanente da vila. Foi inaugurado o 15 de marzo de 2017 e dende ese día, converteuse nunha sala de exposicións e actividades formativas que poñen o foco no patrimonio arqueolóxico e cultural da zona. O complexo museístico celebrou hai pouco o seu cuarto aniversario pechado por mor da pandemia. Actualmente continúa na mesma situación e, segundo fontes municipais, “retomaremos a actividade en canto a Covid-19 nos deixe, aínda que cremos que será próximamente”. Do mesmo xeito, están a traballar para poder facer a reapertura estreando exposición.

Estamos poñendo todo da nosa parte, todos os nosos esforzos, para reabrir con algo novo (Departamento de Cultura do Concello de Verín)

Durante estes catro anos de vida, e máis de 27.000 visitantes, o Museo de Verín acolleu unha ducia de exposicións. Algunhas das máis importantes e de máis éxito aínda se poderán contemplar no momento da reapertura. Son ‘Dionisios, 2000 anos de viño en Monterrei’, ‘Tartessos, primeiros contactos’, ‘Identificadores aromáticos e túnel dos viños de Monterrei’ e ‘Monterrei, berce do licor café’. Gracias ao fío conductor do viño, podemos descubrir a forte tradición vitivinícola que marca a historia da nosa comarca e como foron os primeiros contactos dos habitantes do val co resto de civilizacións.

Túnel del vino de Monterrei ubicado en el Museo de Verín.Túnel do viño de Monterrei ubicado no Museo de Verín.

A súa ubicación

O Museo de Verín está ubicado nun privilexiado e emblemático edificio do século XVIII, construído en parte con pedras procedentes da fortaleza de Monterrei. Hai xa catro anos dende que a orde dos Padres Mercedarios e o Concello de Verín ultimaron un acordo para utilizar parte desas instalacións dispoñibles en pleno casco histórico.  A día de hoxe, o Museo está instalado en todo o andar que rodea ao Claustro e en dúas salas independentes, que acollen as exposicións sobre a tradicional lareira e o licor café. 

A prensa de trabe, a ‘peza do mes’

Este instrumento é o protagonista da nova edición da ‘Peza do Mes’, unha serie de publicacións que indagan sobre a historia e as pegadas na comarca das principais pezas da colección. Os lagares rupestres están presentes en Monterrei dende a alta idade media dada a a tradición vitivinícola da zona e, a prensa de trabe, a peza máis fotografada do museo ata o momento, era a parte máis importante dos lagares da época, coa que se extraía o mosto. Máis tarde, foi sustituída pola prensa de gaiola de ferro e quedou no esquecemento. Por iso, desde o museo, queren conmemorar con ela o Día Internacional do Museo.

CapturaA prensa de trabe, a peza preferida dos visitantes do museo. 

DÍA INTERNACIONAL DO MUSEO | O Museo de Verín xa prepara a súa próxima reapertura