jueves. 25.04.2024
Visita a exposición do museo. | FOTO : cedida.
Visita á exposición do museo. | FOTO : cedida.

O museo de Verín acolle ó longo de todo o mes de agosto a exposición “Emerxencia climática: feitos e datos”, unha mostra que pretende achegar información científica contrastada sobre a necesidade de actuar ante a grave crise climática que se está a vivir e buscar un cambio de comportamento para mitigar esta problemática.

A exposición, cedida polo CEIDA - Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia - pretende achegar ao público os aspectos básicos relacionados co problema ambiental global co fin de xerar procesos de reflexión e facer un chamamento á acción colectiva.

Polo momento, xa foi visitada por diferentes grupos de cativos das ludotecas da comarca, que puideron afondar na necesidade dun cambio real e debater sobre as diferentes opcións para conseguilo. 

“Emerxencia climática: feitos e datos” busca proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos, favorecendo a súa comprensión, xerar procesos de reflexión, e conseguir comportamentos dirixidos á acción para a mitigación e adaptación.

Esta iniciativa forma parte da aposta do consistorio pola educación ambiental engadindo valor á estratexia pedagóxica e mellorando a relación coa súa contorna, dentro dos obxectivos da axenda 2030.

O horario de visitas é de mércores a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e os domingos de 11.00 a 14.00.

O museo de Verín acolle unha exposición para concienciar sobre a "emerxencia climática"